jueves, 3 de abril de 2014

Código QR

Hoxe trouxen ao blog un código QR, algo moi util xa que nos permite acceder a unha páxina ou enviar unha mesaxe solo con escanealo, como vedes o meu código está moi personalizado ca temática do meu blog.

Para crear o meu código utilicei a páxina "uQr.me" , non a recomendo se eres moi despistado ou se queres facer as cousas en pouco tempo, xa que ainda que ten moitas opcións de personalización só podes facer un, costa bastante adiviñar onde crealo e ademais tes que rexistrarte, pero como xa dixen ofreciame unhas posibilidades de personalización moito maiores.

O que fixen foi poñer os pixeles mais intensos e marcados , puxenos de cor azul e logo puxenlle arredor un azul mais claro. As esquinas están de un azul algo mais oscuro, logo collín unha imaxe do logo do Depor e quiteille o fondo con Photoshop, convertino a PNG e puxeno no medio do código.

A aplicación que teño no meu smartphone para ler códigos QR é "QR Droid".

Gustoume moito esta tarea xa que puden crear un código personalizado cos cores do meu equipo, ademáis de que é bastante util.

Podería poñerse nos arredores do instituto un código QR para que con solo escanealo levárate a un video que mostrase as instalacións do instituto.